Tes un negocio
de economía social?

ES-FACTORY POPUP

Amósalle ao mundo

a Economía Social

Convocatoria aberta en Vigo

Celebración dos espazos expositivos prevista para xuño de 2026

Peche de inscricións: 30 de abril

Convocatoria aberta

A quen está dirixido?

01

Emprendedores da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal interesados en crear e impulsar proxectos empresariais de economía social.

02

Proxectos de economía social existentes na rexión transfronteiriza que buscan consolidar o seu crecemento, explorar novos produtos, modelos de negocio ou procesos de xestión.

03

Empresas de Galicia e do Norte de Portugal baixo fórmulas xurídicas de economía social que queiran experimentar con novos enfoques comerciais.

Cales son os obxectivos?

  • Introducir ou dar a coñecer novos produtos e servizos

  • Testar unha idea de negocio nun espazo comercial

  • Ampliar a marca

  • Identificar necesidades ou factores limitantes do proxecto ou produto

  • Mellorar a formación das persoas emprendedoras

  • Identificar sinerxías entre proxectos e fomentar o networking

  • Fomentar o ecosistema emprendedor

Fases do programa

FASE 1

Programa de
Asesoramento e formación
Formación grupal e individual: Adaptado ás necesidades de cada proxecto.
Deseño dun plan de traballo personalizado: Focalizado en obxectivos estratéxicos a curto e longo prazo.
Mentorización e asesoramento comercial: Asistencia para mellorar a xestión e consolidación dos proxectos de economía social.

FASE 2

Celebración
do evento Pop Up

Participación activa no evento Pop Up: O evento organízase nun espazo comercial efémero onde os proxectos teñen a oportunidade de presentar os seus produtos e servizos ao público.
Supervisión do proxecto: Ao longo do evento farase un seguimento do desempeño e da interacción cos consumidores.
Análise e mellora: Despois do evento, realizarase un análise individualizado para identificar oportunidades de mellora e axustar estratexias.

Accións de visibilización

icono campáCAMPAÑAS DE DIFUSIÓN Concentraranse as accións de difusión do evento durante a semana previa á súa celebración.
icono eventoEVENTO POP UP Celebración do evento Pop Up no espazo establecido. Durante a celebración levaranse a cabo accións de difusión e actos de atracción para lograr unha maior afluencia e participación da cidadanía.
icono pechePECHE DO POP UP Evento de peche do programa.

Como participar?

A participación en ES-Factory Pop Up estará suxeita ás condicións detalladas nas bases de inscrición. O programa é gratuíto para os proxectos seleccionados.

Seleccionaranse ata 8 proxectos de economía social para participar nesta edición.